Ensaio da Banda de Vilatuxe antes de partir cara a Valencia

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

Cedida

18 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

As concelleiras Begoña Blanco e Raquel Lorenzo acompañaron a serán do mércores á Banda de Vilatuxe no seu último ensaio antes de saír rumbo a Valencia para participar no prestixioso Certame Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia que se celebra ata o día 20 no Palau da Música na que é a súa edición número 137. A visita tiña como obxectivo trasladar aos integrantes da banda lalinense o apoio do goberno local e desexarlles sorte no concurso.

En total son máis dun centenar os músicos da Banda de Vilatuxe que se desprazan a Valencia para tocar baixo a batuta do seu director, Víctor Vilariño. A actuación da formación lalinense terá lugar mañá sábado, día 19, a partir das 13.20 horas e poderase seguir por Youtube en streaming.