As obras para ampliar a AG-59 obrigan a cortar ao tráfico desde o luns a ligazón da Ramallosa

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

12 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

As obras en marcha para prolongar a autovía entre Santiago e A Estrada obrigan a cortar ao tráfico a ligazón da Ramallosa desde este próximo luns. A afección na AG-59 iniciarase o día 14 de xullo e manterase ata o 5 de setembro, coincidindo coas datas de menor intensidade de tráfico por este vial. En concreto pecharase á circulación en tramo entre a ligazón dos Verxeles e o da Ramallosa, desviándose a circulación pola estrada provincial AC-841.

Desde a Xunta incidían onte na necesidade do cortar ao tráfico a AG-59 nese tramo para garantir tanto a seguridade dos condutores como dos traballadores e avanzar na conclusión desa nova fase de ampliación da autovía ata A Estrada. Así se poderá finalizar a plataforma na ligazón ata a capa intermedia de aglomerado, polo que só restaría o estendido da capa de rodaxe xunto co resto do tronco da autovía.

As obras en execución supoñen crear 3,5 quilómetros máis de autovía e xa está en marcha o proxecto para o último tramo ata Ou Rolo, doutros catro.