
10 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.
Hai poucas semanas arrincaba a súa andaina o novo club A Estrada Basket, herdeiro do desaparecido EDM. Unha das súas primeiras actividades arrincaba estes días ao colaborar co campus deportivo municipal, mostrando aos rapaces inscritos a técnica e fundamentos do deporte da canastra.