Asemblea o día 10 da Escola Fútbol Lalín no Fórum Dezae

La Voz

DEZA

04 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O local Fórum Dezae do centro comercial Pontiñas acollerá o día 10 de xullo a asemblea xeral de socios da Escola Fútbol Lalín. A reunión será ás 19.00 en primeira e ás 19.30 horas en segunda convocatoria. Os asistentes coñecerán tanto o balance tanto deportivo como económico da tempada recentemente concluída. Ademais, presentarase nesta asemblea de forma oficial a nova xunta directiva, que ostentará os seus cargos durante os próximos catro anos, e falarase da nova campaña.