O vindeiro sábado celebrarase o Concerto de Verán en Berres

La Voz

DEZA

03 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Este próximo sábado, día 5, terá lugar o Concerto de Verán na igrexa parroquial de Berres ás 20.00 horas. O evento organízao a Coral Polifónica de Berres en colaboración co Concello da Estrada, a Xunta e a Deputación Actuará a Coral Valgalume de Oia, a Coral Asturiana de Xixón, a Coral Polifónica de Santa Cruz, así como os anfitrións. A entrada ao concerto das masas polifónicas é gratuíto.