28 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.
O Estradense anunciou a renovación de tres futbolistas para a próxima tempada: Isra, Landeira e Hugo López, que se unen ás xa confirmadas de Juanín, Ander e Carabán. O gardameta continuará un ano máis na Estrada, sendo o primeiro sen a competencia de Coke na portería. Será a súa terceira campaña como rojillo.
Landeira xogará a súa segunda tempada no Municipal despois de facerse cun oco no eixo da zaga, completando no seu debut 2.893 minutos e 3 goles. Pola súa banda, o canteirán Hugo López xogará o seu segundo ano como parte do sénior. No anterior xogou 633 minutos e marcou un tanto.
Doutra banda, Pablo Porrúa fai as maletas rumbo ao Compostela. O atacante, peza clave na engrenaxe de Manuti, anotou 7 goles en 37 encontros.