
04 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
Onte comenzaron en Terreboredo, na parroquia estradense de Souto, as actividades dunha nova edición de O mar en terra que se abriu cun coloquio sobre Virxinia Pereira con Montse Fajardo, Cris Iglesias e Rosa de Cabanas. De seguido houbo tempo para a música cun homenaxe ás cantareiras, con Uxía Senlle e con Son da Ilha. Logo dun xantar popular tivo lugar un espectáculo de pintura en directo con Xosé Iglesias e unha mesa de debate sobre o presente e futuro do mar. Para rematar coa actuación de De Tazas e unha foliada nun primeiro día no que tamén houbo mercado. foto m. souto