04 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.
A suspensión polo apagamento da poxa do martes leva á Central Agropecuaria a fixar participación con topes na do día 8, para recría, cebo e vacas. Será para os animais entregados por cooperativas, transportistas ou operadores comerciais habituais no mercado de Silleda. Deben informarse previamente do tope asignado. Os particulares deben validar a súa asistencia coa organización.