15 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.
A asociación Santa Ferreña está xa inmersa nos preparativos dos XXVI Encontros de Música Tradicional en Carboeiro, que terán lugar o día 7 de xuño. Unha xornada repleta de actividades ao redor do patrimonio cultural inmaterial, sen que falte un mercado artesán. Onte abríase o prazo para solicitar un posto nesa mostra, sen custo. Poderá pedirse ata o 15 de maio a través da ligazón https://bit.ly/artesaniaencontros25.
Entre os peticionarios farase unha selección acorde á filosofía da festa e con criterios como ser da comarca, participar en anteriores edicións ou ofertar produtos artesáns que teñan relación coa cultura popular tradicional. As dimensións do posto tamén se terán en conta e non se admitirán de venda de comida ou bebida.