Achega estradense no triunfo de Galicia no Nacional de bádminton sub-17

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

cedida

24 jun 2024 . Actualizado á 18:58 h.

A presenza estradense no Campionato de España sub-17 celebrado en Huelva foi clave para que o combinado galego proclamásese campión. Ademais dos xogadores do club Bádminton A Estrada Iziar Barcala e Darío Míguez, o conxunto autonómico contou cos estradenses Manu Brea e Jesús Pereiro como seleccionadores.

Galicia fixo un gran torneo, sumando importantes vitorias ao longo da competición. Na gran final desfíxose do equipo das Illas Baleares por 4-0. En semifinais gañaron con solvencia a Andalucía. Por outra banda, o combinado infantil logrou alzarse coa medalla de bronce derrotando na loita pola presea á selección de Castela e León. Galicia non puido acceder á final nesta categoría ao perder en semifinais contra Cataluña.