Iziar Barcala competirá no Nacional de Seleccións Autonómicas

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

21 jun 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Este xoves arrincou en Huelva o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de bádminton. Unha cita na que o combinado galego conta cunha importante representación estradense. Así, o Bádminton A Estrada achega a tres integrantes para a selección. Ademais da xogadora Iziar Barcala, acudirán como adestradores Jesús Pereiro e Manu Brea.

Barcala acode á competición nacional despois de revalidar o título galego sub-19 a pasada fin de semana. A xogadora da Estrada proclamouse campioa de Galicia individual e en dobres feminino.