Iziar Barcala e Rubén Comerón revalidan o título de campións galegos sub-19

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

cedida

18 jun 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A localidade de Teixeiro acolleu o Campionato Galego sub-19 no que participaron catro xogadores do Bádminton A Estrada: Rubén Comerón, Iziar Barcala, Darío Míguez e Pedro Rey. Comerón e Barcala revalidaron os seus campionatos autonómicos.

En individual masculino Pedro caeu en primeira rolda, mentres que Darío acadou os cuartos de final, caendo contra Pedro Alfaya, ao cabo campión. En dobres masculino formaron parella, perdendo ao primeiro de vez. Nesta mesma modalidade competiu Comerón xunto a Raúl Bergua, chegando á final. Alí tiveron que conformarse coa prata despois de perder en tres set fronte a Xoel Álvarez e Adrián Rodríguez. No entanto, esta non sería a única medalla para o estradense, que onda Ana Novoa fíxose co ouro en dobres mixtos.

Pola súa banda, Iziar Barcala proclamábase campioa de dobres feminino onda Carmen Carro. O mesmo sucedeu en individual feminino, onde Barcala conquistou o título galego na final fronte a Ana Nóvoa por 21-11, 16-21 e 26-24.