Tres ouros para os estradenses Alejandro Penas e Aarón Rey no TTR de Xixón

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

cedida

11 jun 2024 . Actualizado á 21:11 h.

Fin de semana de éxitos para o Bádminton A Estrada, os primeiros coa participación de Alejandro Penas, Aarón Rey, Manu Míguez e Pedro Rey no TTR de Xixón, conquistando tres medallas de ouro.

A primeira das preseas chegou na categoría individual popular, onde Aarón Rey avanzaba á final completando un gran torneo. A guinda á súa participación chegou co segundo ouro na súa conta particular, este compartido con Alejandro Penas no dobres masculino. Na final venceron á dupla formada por Adrián Mediavila e Marcos Sánchez (21-7 e 21-14).

Penas tamén sumou un novo ouro, esta vez en individual A1. Chegou ao duelo polo título contra Chrtistian Gola, a quen derrotou por 21-8 e 21-10. Por outra banda, Pedro Rey caeu en primeira rolda en individual, onde Manu Míguez rematou en oitavos. En dobres formaron parella e acadaron os cuartos de final.

Barcala e Comerón

Ademais, Iziar Barcala e Rubén Comerón participaron no Spanish International Júnior. Comerón fíxoo en dobres xunto a Raúl Bergua, eliminado en primeira rolda. Barcala caeu ao primeiro de vez en mixtos e dobres feminino, pero se conseguiu avanzar roldas en individual, quedando eliminada en oitavos.