Iziar Barcala e Darío Míguez forman parte da convocatoria de Galicia sub-17

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

07 jun 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Dous xogadores do Club Bádminton A Estrada participarán nos próximos compromisos da selección galega sub-17. A Federación Galega de Bádminton publicou esta semana o anuncio da convocatoria do combinado autonómico, formando parte dos oito seleccionados dous estradenses: Iziar Barcala e Darío Míguez.

Os mozos campións do A Estrada serán pezas importantes dunha lista na que hai outros dous deportistas do Ravachol pontevedrés e do Athlos. O resto de representantes corresponden ao As Neves e ao Club do Mar.