19 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.
A atleta estradense do Ría de Ferrol, Iria Rivas, completou a bo nivel a primeira xornada da Liga Iberdrola, a primeira división feminina de atletismo. Achegou sete puntos ao club ferrolán tras rematar segunda nos 5.000 metros marcha. Finalmente, o club da marchadora da Estrada acabou a xornada en primeira posición. A próxima cita será dentro de tres semanas.