O estradense Samuel Lema participará no Conecta Lab

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

23 ene 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Un proxecto do cineasta estradense Samuel Lema foi seleccionado por profesionais da produción para participar no laboratorio Conecta Lab da Deputación que acollerá a Illa de San Simón en abril. Trátase dunha serie titulada Viven ao lado na que colaboran a madrileña Elena Martínez e o castellonenco Jorge Navarro. A protagonista é unha nai desesperada por unha débeda.