O BNG reclama a conclusión dos asfaltados en pistas de Santo André de Vea

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

25 jun 2023 . Actualizado á 05:00 h.

O BNG estradense reclama a conclusión dos traballos de asfaltado en pistas de Santo André de Vea. Lembran que a principios de maio adxudicáronse as obras en viais desta parroquia e a de Guimarei, iniciándose xusto antes das eleccións municipais con limpeza de cunetas e cepillado previo á posterior aplicación do novo firme. Pero semanas despois, critica a formación nacionalista, as pistas seguen sen ser asfaltadas e en varias «quedaron os traballos a medias, como por exemplo no lugar da Ribeira, onde só asfaltaron un anaco, ou no vial que vai dos Croios á Ribeira, onde só asfaltaron un quilómetro dos 1,5 que ten».

Tacharon da «calamidade pública» actual situación dalgunhas pistas, que xa estaban en precarias condicións antes das eleccións e empeoraron con eses traballos previos de preparación por parte da empresa adxudicataria. Apuntan ao estado intransitable do tramo entre Celeirón e Calvelo. Afirma o BNG que os veciños de Santo André de Vea «están indignados pola chapuza da empresa adxudicataria e polo desleixo do goberno municpal».

Para esta formación, «non é de recibo que se fagan as obras a anacos, e moito menos que se deixen as pistas a medias e sen arranxar». Instan o goberno local a rematar as actuacións iniciativas ante chapuzas así cando aprobaron 200.000 euros anuais en dedicacións exclusivas. Tamén piden bachear pistas en Ramirás e Beira.