A Fundación Neira Vilas convoca o Premio Anisia Miranda de teatro infantil

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

01 mar 2023 . Actualizado á 05:00 h.

A Fundación Xosé Neira Vilas acaba de convocar unha nova edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia, co apoio da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta. O prazo de admisión de orixinais pecharase o 15 de abril e poderán participar todas as persoas que o desexen con textos inéditos escritos en lingua galega.

As obras a concurso terán un máximo de 30.000 caracteres, incluíndo os espazos. Un xurado de recoñecido prestixio fará o ditame do gañador do premio, que está dotado con 1.000 euros en metálico, e entregarase o 17 de maio polo Día das Letras Galegas. Os orixinais enviaranse por enderezo electrónico fundacion@neiravilas.gal., incorporando a obra dramática identificada cun lema e un arquivo nomeado como plica onde figurarán os datos da autoría e o título real da peza.