A Fundación Neira Vilas celebra unha charla con Alonso Montero

La Voz

DEZA

18 ene 2023 . Actualizado á 05:00 h.

A Fundación Xosé Neira Vilas acolle o próximo 28 de xaneiro ás 17.00 horas un encontro co profesor Xesús Alonso Montero. Na charla intervirá o presidente da RAG, Víctor Freixanes e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Haberá música a cargo de Manoele de Felisa. Tratarán o epistolario entre Neira Vilas e Alonso Montero.