Un premio para María Canosa

La Voz

DEZA

Cedida

28 mar 2022 . Actualizado á 05:00 h.

A escritora María Canosa recibiu onte na sede da Fundación Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruzamentos), o premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia de mans do presidente da Fundación, Fernando Redondo Neira pola súa obra Travesía Unicornio. O acto de entrega nesta primeira edición do certame contou coa presenza dun grupo infantil da escola de San Miguel de Sarandón do municipio de Vedra. Os nenos realizaron unha interpretación dramatizada de dúas cancións de Neira Vilas. Asistiu tamén o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo.