Compromiso e PSOE cargan contra os 100.000 euros que se destinaron a produtividade

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

02 dic 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Ás críticas do BNG polos 100.000 euros destinados a produtividade a traballadores do Concello de Lalín sumábanse onte Compromiso e PSOE. O coordinador de CxL, Rafael Cuíña, trasladaba queixas de persoal municipal e tachaba as contías de «insultantes», nun «dos maiores escándalos en moito tempo con cartos públicos». Considerou unha mágoa que Protección de Datos impida divulgar a lista de beneficiarios porque «entón a cidadanía ía entender moitas cousas».

Cuíña criticou eses sobresoldos a determinados traballadores «mentres marxinan á maioría, ademais de ser un dispendio intolerable de cartos dos impostos de todos». Lamentou que ao PP non lle importe beneficiar «presuntamente aos seus e sinalar politicamente aos que non están con eles». Accederá a solicitar os informes pedidos polo BNG e en que se sustenta a ese repartición «que vai contra a doutrina do propio Tribunal de Contas». Criticou que eses 100.000 euros supoñen máis que o dado a asociacións, clubs deportivos ou a propia AED, «o cal dá mostra da magnitude do dispendio que Crespo mediante decreto da alcaldía fai».

O portavoz socialista, Román Santalla, anunciou pola súa banda que pedirán un pleno extraordinario para abordar esa repartición de diñeiro «así como as escuras manobras de amiguismos e arbitrariedades con persoal municipal e asesores». Resaltou que esas gratificaciones fluctúan entre 500 e 3.000 euros, recibindo a indignación de veciños e empregados municipais que non as percibiron en dixo —— un regreso «do ordeno e mando de Crespo». Tachou a repartición de caciquil, con 64 beneficiarvos fronte á maioría que non recibe nada. Pregúntanse pola gratificación a un traballador de recente incorporación «con manifesta e íntima relación co alcalde» e agardan profesionalidade de funcionarios, sen cambio de sentido nos informes.