Os IES festexan con poesía e música o Día de Rosalía

La Voz

DEZA

cedida

10 mares 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Os tres centros públicos de Secundaria da Estrada celebraron este luns conxuntamente o Día de Rosalía cun acto poético e musical celebrado nesta ocasión no IES García Barros. Os anfitrións abriron o programa cunha introdución musical e pechárono con dúas orixinais versións dos poemas Negra sombra e Adeus ríos... Un alumno e unha alumna do IES Antón Losada recitaron o coñecido poema rosaliano dedicado á emigración Prá Habana e Nacín cando as prantas nacen. Pola súa banda. os alumnos do IES Número 1 interpretaron unha versión do poema Casteláns de Castela inspirado en Malaxente de MJ Pérez, baseada no Malamente da famosa cantante Rosalía.