
Un cartón vermello e dous tantos saldáronse con 14 minutos de alongue na primeira parte do Couto e na segundo, seis máis
14 sep 2025 . Actualizado á 19:24 h.Os responsables da Primeira Federación estableceron, como novo engadido na asistencia ao equipo arbitral, o que denominaron como Fútbol Vídeo Soporte (FVS). Un apelativo que non tardou en recibir alcumes nas bancadas dos campos da categoría, comezando polo de VAR de baixo custo.
O que si é máis contrastable que simple opinión é o efecto que está a provocar na duración dos partidos e, se nas primeiras xornadas fíxose habitual o alongar as prolongacións e superar nalgúns casos a decena de minutos, o exemplo da sesión matinal no Couto acadou a vintena na súa alongue.
O choque entre o Ourense CF e o Talavera de la Reina tivo un inicio axitado, con gol en propia meta dos locais aos 7 minutos. O protocolo inicial do novo procedemento de videoarbitraje inclúe a revisión obrigatoria de todos os goles e tamén se rexistrou máis tarde algunha xogada polémica máis como a expulsión de Yuste no bando de casa. Así o asturiano García Riesgo decretou 13 minutos de tempo extras, que remataron sendo un máis para validar o gol de Amin, que empataba para os ourensáns no 57.
Cabe lembrar que cada equipo ten dúas opcións de solicitar revisións, as que perde no caso de que o árbitro non lles conceda a razón. Así o segundo tempo da visita dos talaveranos prolongouse 6 minutos máis en territorio galego. Un partido de fase regular, con prórroga.