Cuarta vitoria consecutiva de Víctor Senra no Rali de Ferrol

Jose Valencia FERROL / LA VOZ

DEPORTES

Logrou o mellor tempo nos sete tramos cronometrados da carreira

23 ago 2025 . Actualizado á 22:04 h.

Víctor Senra gañou a 56 edición do Rali de Ferrol con autoridade, dominando a carreira desde o primeiro tramo. É o seu cuarto triunfo consecutivo na proba ferrolá, na que se atopa sempre moi cómodo. A vitoria neste rali achégalle un pouco máis ao seu noveno título de campión galego de ralis de asfalto, á falta de só dúas probas para que finalice o circuíto.

Senra foi o gran dominador da carreira, fixo o mellor tempo en todos os tramos. Tan só Alberto Meira, segundo a case un minuto e medio do gañador (1.40.88) do gañador e Dani Berdomás, a 1.57.30 achegáronse aos seus tempos. Tamén correu a un gran nivel Jorge Cagiao, cuarto na xenerala a 3.14.66, aínda que unha picada e a substitución da roda deixáronlle fóra da loita polo podio.

A carreira arrincou co tramo Irixoa-Monfero, no que Senra xa deixou claro que ía a por todas. Logrou o mellor tempo Sacoulle 16 segundos a Dani Berdomás; a terceira posición foi para Jorge Cagiao a 18 segundos, cuarto foi Alberto Meira a 21 segundos e o quito mellor tempo foi para Joan Vinyes, que acabou a 24 segundos de Senra. Alberto Meira tivo problemas co turbo.

Senra tamén gañou o segundo tramo, Monfero-Monfero, mentres que o segundo mellor tempo foi para Jorge Cagiao a 12 segundos; a terceira praza foi para Dani Berdomás a 18 segundos; Alberto Meira foi terceiro a 21 segundos e Vinyes acabou quinto a 25 segundos. Este tramo foi neutralizado debido a un saída de estrada.

A xornada da mañá finalizou coa segundo pasada ao tramo de Irixoa-Monfero, que volveu gañar Víctor Senra, aínda que con 13 segundos máis que na primeira pasada, xa que o tramo estaba moi roto, con moita sucidade. Dani Berdomás fixo o segundo mellor tempo a só tres segundos; Alberto Meira foi terceiro a 7 segundos e o cuarto mellor tempo foi para Pablo Rey a 46 segundos. Neste tramo Jorge Cagiao picou, polo que perdeu moito tempo, xa que cambio a roda. Entrou a 2.11 polo que practicamente se despediu da loita polo podio; tamén pico Vinyes, aínda que só perdeu 57 segundos ante Senra.

Neste tramo houbo un novo parón por unha saída de estrada, aínda que a carreira puido continuar.

A xornada de tarde arrincou coa primeira pasada ao tramo Ferrol-Ferrol. De novo, dominio de Senra, que fixo en cuarto scrach do rali. Jorge Cagiao, máis adaptado ao Skoda (no nacional corre cun Alpine) só fixo sete segundos máis; a terceira praza foi para Alberto Meira, a 12 segundos; Berdomás e Vinyes entraron a 17 segundos.

No segundo tramo da tarde, San Sadurniño-As Somozas a primeira praza volveu ser para un dominador Víctor Senra, mentres que Jorge Cagiao foi segundo a 11 segundos; Meira fixo o mellor terceiro mellor tempo a 13 segundos; Vinyes foi cuarto a 23 e Berdomás quinto a 35 segundos.

Na segundo pasada ao tramo de Ferrol-Ferrol e San Sadurniño As Somozas, Senra tamén logrou o mellor tempo, seguido en ambos os tramos por Jorge Cagiao.

Satisfeito

Foi un rali dominado por Víctor Senra, moi superior ao resto de pilotos. Tras o seu triunfo indicou que estaba contento, que sempre era especial gañar en Ferrol: «Van catro triunfos en Ferrol é pra mín, todos son especiais», sinalou. Engadiu que se sentiu moi cómodo co coche e en canto ao noveno título galego dixo que agardaba ser campión no próximo rali: «Cun terceiro posto creo que nos vale», sinalou.