







































O campo de golf de Meis acolleu durante a pasada semana un torneo que axunta a competición coa convivencia e o goce de cinco adegas do Salnés, nas que celebrou a entrega de premios de cada xornada
30 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.O campo de golf de Meis foi escenario a pasada semana dun dos torneos máis singulares da tempada e dos máis queridos por quen os disputa: a Semana de Ouro do Albariño. Unha competición na que o deporte se conxuga coa convivencia e co goce dos viños do Salnés.
Cada unha das cinco xornadas clasificatorias, disputadas do luns 21 ao venres 25 de xullo, estivo patrocinada por unha adega. Nesta novena edición do torneo foron Vionta, Lagar de Pintos, Paco & Lola, Terra de Asorei e Martín Códax. Cada día, unha vez que os xogadores finalizaron os seus percorridos, ao redor das 21 horas, dirixíronse á adega correspondente para asistir á entrega de premios e gozar dun distendido cóctel, no que os protagonistas foron, como non podía ser doutro xeito, os viños da propia adega.
En total, foron 260 os golfistas que participaron no torneo, cunha media de 185 xogadores durante as cinco xornadas eliminatorias, disputadas baixo a modalidade stableford. Os 60 xogadores que obtiveron mellor puntuación -sumando os tres mellores resultados dos cinco percorridos clasificatorios- disputaron a final do domingo, xa en categoría única e baixo a modalidade medal play.
LUNS 21

A primeira xornada da Semana de Ouro do Albariño estivo patrocinada pola adega Vionta, de Meaño, onde se celebrou a entrega de premios e un cóctel servido por Casa Miguel.
En canto á competición, en primeira categoría, o gañador foi Javier Vázquez Urrabieta, con 43 puntos. O segundo posto foi para Bruno López-Boado Sanmartín, con 39, e en terceira posición quedou Jesper Schou, con 38.
O gañador en segunda categoría foi Javier Martínez Salcedo, con 45 puntos; o segundo clasificado foi Jesús Atanes Quintairós, con 44, e o terceiro Francisco Santos Piñeiro, con 42.
En terceira categoría, o mellor resultado foi o de Álvaro Rodiño Tomé, con 44 puntos; en segunda posición finalizou Agustín Estévez Domínguez, con 43 e a terceira foi Cristina Suárez Acevedo, tamén con 43.
MARTES 22

Lagar de Pintos foi a adega patrocinadora da segunda xornada clasificatoria. As súas instalacións, en Ribadumia, acolleron a última hora da tarde a entrega de premios, acompañada polos viños da adega e un cóctel preparado por Casa Solla.
No deportivo, en primeira categoría, o mellor cartón, do mesmo xeito que o luns, foi a de Javier Vázquez Urrabieta, con 40 puntos. O segundo posto foi para José Manuel Castro Serantes, con 39, e en terceira posición clasificouse Valentín Montes Yebra, con 38.
O gañador en segunda categoría foi Jaime Suárez de Toledo, con 42 puntos; o segundo clasificado foi Juan José Novas Cañizares, con 41, e o terceiro Álvaro Rodiño Tomé, tamén con 41.
En terceira categoría, o mellor resultado foi o de José Antonio Toledo Seixo, con 44 puntos; en segunda posición finalizou Javier Piñeiro Rivas, tamén con 44 e a terceira foi Leopoldo Ramón Ivorra Sáenz-Díez, con 42.
MÉRCORES 23

A xornada do mércores estivo patrocinada por Paco & Lola, que trasladou a entrega de premios ás instalacións da Fundación Manolo Pazo, en Castrelos, Cambados. Os xogadores, ademais de poder comentar con calma as vicisitudes do vivido no campo de golf, tiveron ocasión de gozar nunha contorna natural incomparable dos viños de Paco & Lola, duns aperitivos, dun arroz mariñeiro elaborado polo chef Miguel Mosteiro e, por suposto, das obras do escultor cambadés que alberga a súa Fundación.
En primeira categoría, o gañador foi José Méndez Calvo, con 39 puntos. O segundo posto foi para Enrique Fariñas Mansilla, con 37, e en terceira posición clasificouse Bruno López-Boado Sanmartín, con 36.
O gañador en segunda categoría foi José Miragaya López, con 40 puntos; o segundo clasificado foi Gumersindo Rañó Naveira, tamén con 40, en tanto que o terceiro posto foi para Carlos Javier Basalo Rial, con 39.
En terceira categoría, o mellor resultado foi o de Paula Rey de Río, con 37 puntos; en segunda posición finalizou Ramón Ferreiro Rodríguez, con 36 e a terceira foi para José Luis Romero Valeiras, tamén con 36.
XOVES 24

A cuarta xornada da Semana de Ouro do Albariño concluíu convertida nunha festa galega organizada por Terra de Asorei, de Meis. Non faltaron os gaiteiros, houbo sardiñada, espeto e, por suposto os viños da adega , tanto para o goce dos asistentes como para os gañadores, xa que os premios aos tres mellores en cada categoría incluían un trofeo e un lote de viños. A celebración concluíu cun concerto do grupo arousán M-80.
En primeira categoría, o gañador foi Manuel Martínez Cuntín, con 40 puntos). O segundo posto foi para Francisco Lodeiro Carbajal, con 36, e en terceira posición clasificouse Ignacio Pumar Canario, con 35.
O gañador en segunda categoría foi José Antonio Toledo Seixo, con 42 puntos; o segundo clasificado foi Javier Martín Méndez, con 39, en tanto que o terceiro posto foi para José Ángel Otero Cordeiro, tamén con 39.
En terceira categoría, o mellor resultado foi o de Leopoldo Ramón Ivorra Sáenz-Díez, con 43 puntos; en segunda posición finalizou Juan Luis Quintáns Bravo, con 39 e a terceira foi para María del Carmen Bertolo Pichel, con 38.
VENRES 24

A primeira fase da Semana de Ouro do Albariño concluíu o coa competición da quinta xornada clasificatoria do torneo disputada o campo de golf de Meis. A excepcional terraza miradoiro da adega Martín Códax, en Cambados, acolleu na tarde noite do venres a entrega de premios aos gañadores da última xornada clasificatoria. Xogadores e organizadores gozaron dun ágape, dos viños da adega e dun espectacular atardecer, todo iso amenizado pola música de Somoza Trío.
en primeira categoría, o gañador foi Francisco Lodeiro Carbajal, con 38 puntos). O segundo posto foi para Jaime Suárez de Toledo, con 36, e en terceira posición clasificouse Antonio Medrano Caneda, con 34.
O gañador en segunda categoría foi Antonio Antolín González, con 42 puntos; o segundo clasificado foi Luis Ángel Bodelón González, tamén con 42, en tanto que o terceiro posto foi para José Carlos Gómez Muíños, con 41.
En terceira categoría, o mellor resultado foi o de Jesús Ares Vázquez, que con 45 puntos asinou o mellor cartón da fase clasificatoria do torneo; en segunda posición finalizou Alberto Piñón Esteban, con 43 e a terceira praza foi para Jorge Amado Touriño, con 42.
O premio á regularidade das cinco xornadas clasificatorias foi para Álvaro Rodiño Tomé, con 123 puntos. En segundo lugar quedou Alberto Piñón Esteban, con 121, en tanto que o terceiro xogador máis regular foi Javier Vázquez Urrabieta, con 118.
DOMINGO 26

Juan José Novas Cañizares, que finalizara a fase clasificatoria en décima posición, proclamouse gañador da novena edición da Semana de Ouro do Albariño, superando por un só golpe (68 fronte a 69) a Benito Fernández Daporta. A terceira posición foi para José Luis Romero Valeiras, tamén con 69 golpes.
No acto de entrega de premios, disputado o domingo ao mediodía no propio campo de Meis, Juan José Novas recibiu de mans do alcalde de Cambados, Samuel Lago, o trofeo Folla de Prata, instituido polo concello cambadés para distinguir ao gañador da final da Semana de Ouro do Albariño 2025. Novás recibiu ademais un lote de viños das cinco adegas patrocinadoras do torneo (Vionta, Lagar de Pintos, Paco & Lola, Terra de Asorei e Martín Códax) e disporá de green fee gratuíto durante dez meses no campo de Monte Castrove.
Ao segundo clasificado, Benito Fernández, foille entregado un Acio de Prata, un lote de viños e disporá de green fee gratuíto durante tres meses. O premio para o terceiro mellor xogador da final, José Luis Romero, foi un Acio de Prata e un lote de viños.
O campión na modalidade scracht foi Ignacio Pumar, con 78 golpes.
O gañador da clasificación xeral acumulada foi Álvaro Rodiño con 123 puntos. En segunda posición clasificouse Alberto Piñón, con 121 puntos, en tanto que o terceiro posto foi para Javier Vázquez Urrabieta, con 118.