O Boiro e o Montañeiros, campións da Copa Deputación da Coruña de Fútbol 2025

Redacción LA VOZ

DEPORTES

Xogadores do Montañeiros celebrando o título
Xogadores do Montañeiros celebrando o título Deputación da Coruña

O deputado de Deportes, Antonio Leira, e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Juan Luis Villamisar, foron os encargados de entregar os trofeos a xogadores e xogadoras

30 jun 2025 . Actualizado a las 11:42 h.

O cimpo da Marola, en Oleiros, acolleu o pasado domingo as finais masculina e femenina da Copa Deputación da Coruña de Fútbol 2025. As xogadoras do EMF Boiro impuxéronse por 4-1 ao Victoria CF coruñés na categoría feminina, mentres que o Montañeros gañou por 2-1 a final masculina fronte ao SD Negreira.

Tras os encontros, o deputado de Deportes, Antonio Leira; o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol para A Coruña, Juan Luis Villamisar; a deputada provincial María del Mar Méndez; o concelleiro de Deportes de Boiro, Marcos Fajardo, e a concelleira de Deportes de Oleiros, Teresa Vázquez Maseda, entregaron os trofeos ás capitanas e capitáns dos equipos.

Os clubs gañadores das categorías masculina e feminina da Copa Deputación da Coruña conseguen automáticamente unha praza para a Supercopa Deputación, que disputarán este verán cos gañadores das outras competicións homólogas que se xogan nas provincias de Lugo, Pontevedra e Ourense. O vencedor desta copa participará na fase previa da Copa do Rei de fútbol a vindeira tempada.

A Copa Deputación da Coruña é un dos torneos máis veteranos de cantos se disputan en Galicia. Reparte este ano un total de 24.000 euros en premios, recibindo 5.000 euros e un trofeo os campións, 4.000 euros os subcampións e 1.500 euros os semifinalistas.