Leyma Coruña-Andorra: un adianto da tempada que vén

NACHO RAMA

DEPORTES

EDUARDO PEREZ

17 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O pasado domingo certificouse o descenso do equipo a falta de tres xornadas. Seguramente, o luns o club comezou traballar coa vista posta na tempada 2025-2026. A saída de Brandon Taylor e sobre todo o anuncio do seu substituto asi o testemuñan. Rematar do mellor xeito nestas tres xornadas pode ser chave para o futuro.

Os contactos do equipo co persoal municipal instan a que imos precisar estar por riba dos 4.000 abonados en xullo para poder manter o Coliseum, peza que se antolla chave para a reconquista. A imaxe que poda ofrecer o equipo neste final de tempada, contra rivais moi esixentes que apuraran as súas opcións para acadar os seus obxectivos, será a mellor campaña de abonados de cara ao próximo curso. Visita A Coruña o Andorra, un bo plantel que non semella ter cumprido os seus obxectivos iniciais e decidiu cambiar de adestrador e apostar por un consagrado como Joan Plaza, que desde que chegou ao equipo aló por xaneiro leva un balance de 6-8.

Sobresae Harding, MVP en varias xornadas e máximo anotador da liga con 20,1 puntos por encontro. Tamén Evans e os veteráns Rafa Luz e Kuric. En posicións interiores, o grego Chougkaz, Lammers e Doumbouya.

Por parte do Leyma, imos ver como encaixa Alonzo Verge Jr., un combo anotador que pode xogar de 1 e de 2. Ese factor sorpresa, xunto coa súa capacidade de adaptación, pode ser un punto desequilibrante no partido. Non o vai ter fácil, pois tapar o oco que deixou Taylor semella complicado en tan só tres xornadas.

Alén do deportivo, veremos que resposta haberá do público, mais sen dúbida este partido xa pertence á tempada 2025-2026.