
Coa permanencia en Terceira Federación asegurada, os mariñáns visitan O Couto este domingo
10 may 2025 . Actualizado á 18:01 h.Coa permanencia en Terceira Federación a recado tras o triunfo por 3-0 ante o Betanzos, o Viveiro CF aspira a dar a última alegría da tempada na visita á VDE Ourense, destacado campión desde hai varias semanas. Un triunfo podería levar aos mariñáns ata un meritorio noveno posto final na táboa.
Nunha semana complicada, ao verse varios membros do persoal afectados por un proceso gripal que fai perigar o concurso de Rolle, os mariñáns volver demostrar a competitividade que os levou a cumprir o seu obxectivo. «É un escenario bonito e un rival duro para demostrar que somos moi competitivos. Variaremos algunhas pezas no once, tres ou catro dependendo de se finalmente podemos contar con Rolle, pero sacaremos un equipo para tratar de competir xa sen ningunha presión», detallou Adrián Benavides sobre o cruzamento cun rival que igualou 1-1 en Cantarrana, aínda con Fabri González a cargo dos celestes.
Ante o conxunto de Borja Fernández, as lesións de Chucas, Germán Giammattei e Juan López provocan as únicas baixas.
Está por ver se será o último partido de Benavides como adestrador do Viveiro. «Quero tomarme un tempo para pensalo porque foron uns meses moi intensos. Non quero decidir en quente», desvelou.