O leonés Adrián Benavides, novo adestrador do Viveiro

DEPORTES

CULTURAL E DEPORTIVA LEONESA

Aos seus 38 anos, ten experiencia na base da Cultural Leonesa e o CDF Peña, e en Terceira División co Atlético Bembibre

06 feb 2025 . Actualizado á 13:11 h.

Adrián Benavides Cuervo (A Bañeza, 1986) é a nova aposta do Viveiro para atopar o rumbo na Terceira Federación. Tras a destitución de Jandry Rego e a dimisión de Fabri González, o leonés será o terceiro adestrador que lidere este curso ao club de Cantarrana, que ten catro puntos de marxe sobre o descenso con 15 xornadas por disputarse.

Benavides traballou no CDF Peña entre o 2013 e o 2017, levando ao equipo xuvenil á División de Honra, tivo unha experiencia en Terceira co Atlético Bembibre no 2019-20 e máis recentemente encargouse do cadro júnior da Cultural Leonesa. O vindeiro luns tomará o mando no Viveiro.

O equipo mariñán continuará adestrando esta semana ás ordes do preparador físico, Andrés Fernández, que exercerá de técnico principal na visita ao Vilalonga (domingo, 17 horas).

A directiva celeste buscaba míster desde o pasado domingo, cando Fabri despediuse cunha derrota por 2-3 ante o Valladares. Mantiveron conversacións con Jandry, o home da casa que os conduciu a sumar 13 puntos nas nove primeiras xornadas, e chegaron a un acordo con Roberto Fernández que non frutificou por razóns regulamentarias, ao adestrar ao Pol ata hai apenas unhas semanas. Finalmente, Benavides é o elixido.