Djokovic-Sinner: horario e onde ver as semifinais do Aberto de Australia

a voz

DEPORTES

LUKAS COCH | EFE

O serbio busca acadar esta madrugada unha nova final de grand slam. En fronte terá ao puxante tenista italiano

25 ene 2024 . Actualizado ás 17:05 h.

Chega a hora da verdade ao Aberto de Australia. Novak Djokovic e Jannik Sinner miden as súas forzas por facerse cun billete na final do primeiro grand slam da tempada. O serbio, vixente campión do torneo, chega con dúbidas a esta penúltima rolda do aberto australiano tras ceder varios sets nas roldas previas. En cambio, en fronte terá a unha das sensacións do cadro. O italiano mostrou moita contundencia no seu xogo e chegou ata as semifinais case sen despeitearse.

O balcánico de 36 anos chega á antesala da final como principal candidato á coroa, polo seu idilio coas pistas de Melbourne Park, onde gañou o título en dez ocasiones.

Jannik Sinner acabou a tempada do mellor xeito posible, alzando o título da Copa Davis con Italia tras vencer a Djokovic nas semifinais, e converteuse no único tenista do Aberto de Australia que non perdeu ningún set desde que arrincou a competición.

O serbio conta cun cara a cara favorable fronte ao transalpino (4-2), aínda que Sinner levou dúas das últimas tres batallas.

Onde ver o partido?

O encontro comezará na madrugada do xoves ao venres ás 4.30 horas. Do mesmo xeito que o resto de partidos desta edición, o encontro será retransmitido a través de Eurosport 1.