O Leicester asina unha incrible remontada ante o Manchester United

Efe

DEPORTES

KIERAN GALVIN | Efe

O equipo de Van Gaal encaixa 4 goles en media hora e suma unha nova derrota

21 sep 2014 . Actualizado á 17:27 h.

O Leicester protagonizou unha incrible remontada ante o Manchester United, ao que derrotou por 5-3 tras ir por detrás (1-3) á falta de menos de media hora para acabar o partido. Esta derrota supón un duro mazazo para o conxunto que dirixe o holandés Louis van Gaal, que non soubo manter a clara vantaxe e queda moi descolgado da cabeza da clasificación da Premier.

Van Persie e Di María asinaron de entrada un 0-2 para o United no King Power Stadium, no que foron titulares os españois David de Gea e Ander Herrera e o colombiano Radamel Falcao, a quen substituíu o tamén español Juan Mata. A pesar de que de inmediato respondeu para o equipo local o tamén arxentino Leo Ulloa, Ander Herrera estableceu o 1-3 aos 57 minutos ao desviar un envío de Di María.

Todo parecía sentenciado, pero non foi así, porque o Leicester deu a volta de forma incrible á situación. David Nugent, de penalti (m.62), e o arxentino Esteban Cambiasso (m.64) igualaron o duelo nun dicir amén. Co United atónito, o Leicester aproveitou a debilidade dos diaños vermellos na zaga e creceuse ata o máximo para selar a vitoria cun gol de Jamie Vardy (m.79) e outro de Ulloa, de penalti (m.83).

No outro encontro dominical disputado ata o momento, o pechacancelas West Bromwich sorprendeu no feudo do Tottenham (0-1) cun gol de James Morrison aos 74 minutos.