Mikel Arteta, de penalti, dá a vitoria ao Arsenal sobre o Wigan

Axencias

DEPORTES

NIGEL RODDIS

O equipo de Arsene Wenger colócase terceiro na táboa a expensas do que fagan Chelsea e Tottenham

22 dic 2012 . Actualizado á 19:51 h.

A Premier League segue tendo cor española. Nesta xornada, Mikel Arteta, de penalti, deu a vitoria ao Arsenal por 0-1 na súa visita ao Wigan. O equipo de Arsene Wenger consegue deste xeito a súa terceira vitoria consecutiva e afiánzase nos postos que dan acceso a disputar competicións europeas.

O equipo londiniense impúxose cun solitario tanto aos sesenta minutos tras unha caída na área de Theo Walcott por unha falta recibida do chileno Jean Beausejour. O Wigan tivo varias ocasións para empatar, pero o seteiro Wojciech Szczesny luciuse con dúas boas paradas e o árbitro non pitou un posible penalti a favor dos locais por unha man de Kieran Gibbs.

Co triunfo de hoxe, o Arsenal suma 30 puntos e colócase terceiro. Con todo, tanto Chelsea como Tottenham poderían superalo se gañan os seus partidos desta fin de semana. O Wigan, mentres tanto, mantense en postos de descenso con 15 puntos.