«Olladas no pasado» repasa a figura de Ramón Piñeiro dende múltiples ópticas

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

CULTURA

Sandra Alonso

As xornadas abordan a súa faceta cultural e tamén política, non exenta de polémica

22 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Alonso Montero falaba dun «diamante moral», e Isaac Díaz Pardo chamábao honestísimo Piñeiro. Pero a figura do histórico galeguista non está exenta de polémica, non tanto na súa faceta cultural coma no seu pensamento político. As xornadas «Olladas no pasado», que comezaron onte en Santiago e que se estenderán ao longo de todo este sábado, pretenden este ano, na súa cuarta edición, analizar as arestas do histórico pensador galeguista, dende a faceta máis persoal ata a conformación do mapa de partidos políticos galegos nos anos da Transición.

A primeira xornada incluía a celebración dunha mesa redonda na que Alfredo Conde, Teresa García-Sabell e Siro López falaron da perspectiva máis persoal de Piñeiro. «Podería falar moitas cousas boas de Piñeiro, pero vou dedicar o meu tempo a tentar desfacer un entuerto», explicou o debuxante. Refírese precisamente ao papel que Ramón Piñeiro xogou na creación de partidos políticos galegos. Siro rexeitou que a estratexia de Ramón Piñeiro —a de que o galeguismo estivese presente dentro de todas as correntes políticas galegas— fracasase, e acusou a certos líderes de falta de honestidade cos feitos. «Nós, a xente do PSG, prescindimos da estratexia de Piñeiro. O que pasara a partir dese intre xa non sería responsabilidade de Piñeiro, senón nosa».