Chus Pato, Premio Nacional de Poesía 2024 por «Sonora»

La Voz REDACCIÓN

CULTURA

MIGUEL VILLAR

A escritora ourensana sucede a Yolanda Castaño que foi a gañadora do ano pasado

19 sep 2024 . Actualizado á 15:28 h.

A poeta Chus Pato (Ourense, 1955) foi distinguida co Premio Nacional de Poesía 2024 que concede o Ministerio de Cultura polo poemario Sonora, unha conversación «entre o poema e a morte».

Según informa Efe, o xurado elixiu Sonora por «ser unha obra experimental, unha expansiva e concentrada conversación entre o poema e a morte, aquela que, tras a orfandade da nai, arrastra aos lectores cara aos abismos da propia liñaxe».

María Jesús Pato Díaz, coñecida como Chus Pato, é unha das autoras fundamentais da poesía galega contemporánea e con proxección internacional. É autora de varios poemarios polos cales recibiu, entre outros, o Premio Nacional da Crítica Española, na súa modalidade de poesía galega e foron editados en países como Arxentina, Chile, Portugal, Holanda, Bulgaria, Rusia, Francia ou Bélxica.

Publicou, entre outros títulos de poesía, Urania (1991), Heloísa (1994), Fascinio (1995), A ponte das poldras.(1996), Nínive (1996), m-Talá (2000), Charenton (2004), Hordas de escritura (2008), Secesión (2009), Carne de Leviatán (2013), Un libre favor (2019) y Sonora (2023).

O premio, dotado con 30.000 euros, recoñeceu na súa pasada edición a Yolanda Castaño, uníndose a unha ampla lista de galardoadas, entre quen se atopa Miren Agur Meabe, Aurora Luque, Olga Novo, Pillar Pallarés ou Antònia Vicens, entre outras.