Sada distribuirá en San Xoán 1.000 quilos de sardiña e 10 toneladas de madeira

La Voz

SADA

C.S.

A ración, con media ducia, pan e viño, custará 7 euros

13 jun 2025 . Actualizado á 12:00 h.

Sada é un referente en canto a sardiñadas e en San Xoán é un dos seus días grandes. O Concello ten previsto distribuír 1.000 quilos de sardiñas entre a poboación. Neste sentido, está previsto que se repartan 1.500 racións entre as persoas que queiran achegase á zona de Ou Curruncho, nun dos extremos da praia.

Por sete euros, os veciños e turistas poderán gozar de seis sardiñas, bebida (auga, viño ou refresco), pan de brona, pano de mesa e unha cunca conmemorativa. 

O Concello tamén facilitará madeira para as lumeiradas, co fin de evitar que se queime material que poida supor un perigo ou un foco de contaminación. Desde o consistorio ten previsto entregar 10 toneladas de madeira para que quen queira poida saltar a súa propia fogueira.

A celebración do San Xoán incorporará unha sesión de pirotecnia e unha musical cun DJ.