O depósito caeu ante unha cafetería en Insua, pero non causou danos persoais
21 oct 2025 . Actualizado á 19:14 h.Un camión, con dobre cisterna de leite, avanzaba pola subida que debuxa a N-651 entre Ponte do Porco (Miño) e o alto de Insua, xa en Paderne. Cando chegou á curva, o segundo depósito envorcou cara ao café bar Brisa, sen causar danos persoais. O accidente, ocorrido na tarde deste martes, nin sequera interrompeu o tráfico do dobre carril. Ademais de Protección Civil de Miño, ao lugar tamén acudiron dúas furgonetas de Conservación de Estradas, que se atopaban na zona no momento do envorco.