Un condutor dá positivo en drogas tras meterse en dirección contraria por un túnel e chocar contra unha vivenda en Oleiros
OLEIROS

A Garda Civil de Tráfico interceptouno na ponte da Pasaxe
08 jun 2025 . Actualizado á 19:45 h.Un coche en dirección contraria na ponte da Pasaxe, flanqueado por dous automóbiles da Garda Civil chamou a atención de numerosos condutores que circulaban á primeira hora da tarde deste domingo pola ponte que une Oleiros e A Coruña. Os vehículos estaba no carril dereito, en dirección a Lugo, á altura dos restos da casa Carniceiro.
Segundo informou a Garda Civil de Tráfico, o turismo circulaba en dirección á Coruña e no túnel en Perillo, meteuse en dirección contraria, pasadas as catro e media da tarde, e chocou primeiramente cun lateral da vía e impactou, posteriormente, contra unha vivenda. Unha patrulla de Tráfico interceptouno. O condutor circulaba cun menor a bordo e deu positivo en drogas.