La Voz de Galicia
Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

Miño finaliza a obra de mellora paisaxística e ambiental na praia da Ribeira

D. V. MIÑO

MIÑO

atr

Eliminaron especies invasoras e plantaron vexetación autóctona

15 may 2025 . Actualizado á 14:51 h.

O Concello de Miño finalizou as obras de mellora mellora paisaxística e ambiental na praia da Ribeira. Esta actuación supuxo unha investimento versión de 30.000 euros e foi financiada pola Consellería de Medio Ambiente.

Os traballos consistiron na recuperación ecolóxica e paisaxística da zona. As actuacións consistiron na eliminación de especies exóticas invasoras e alóctonas, a plantación de nova vexetación adecuada ao hábitat, a construción dun muro de cachotería seca, a instalación dun elemento disuasorio de madeira para evitar o paso a zonas sensibles e a colocación de indicadores informativos.

A praia da Ribeira é un dos principais enclaves turísticos do municipio e nas últimas datas revalidou a bandeira azul, que certifica a calidade das súas augas, servizos e xestión ambiental. O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, mostrou a súa satisfacción pola execución desta actuación, que «contribuirá a mellorar a contorna da praia da Ribeira, apostando polo respecto ao medio ambiente e por unha integración harmoniosa coa paisaxe».