Un concelleiro de Irixoa morre por un ataque de velutinas

La Voz IRIXOA

IRIXOA

José Ramón Dopico Martínez
José Ramón Dopico Martínez

Ramón José Dopico Martínez, Picos de Currás, de 76 anos, rozaba cun tractor nunha leira de Curtis

16 oct 2025 . Actualizado á 19:26 h.

O concelleiro de Medio Rural e sector forestal de Irixoa (A Coruña), Ramón José Dopico Martínez, coñecido polo alcume Picos de Currás, militante do PP, morreu este mércores a causa de varias picaduras de velutina.

O edil, de 76 anos, estaba a rozar nunha leira de Teixeiro, no municipio de Curtis, cando topou cun niño de avespas asiáticas. A pesar de que ao lugar acudiu un helicóptero medicalizado, Ramón José morreu aos 20 minutos de recibir a picaduras. O seu compañeiro presenciou como se baixaba do tractor con síntomas de mareo. 

O edil foi despedido este xoves na parroquia de San Lorenzo de Irixoa, onde acudiu toda a corporación da que formaba parte. Picos Martínez estreárase como concelleiro  hai seis anos tras as eleccións do 2019. 

Profesionalmente fora tubero en embarcacións, ademais de titular dunha empresa do sector.