Lorenzana destaca que Galicia é un referente en elementos estruturais mixtos de formigón e madeira
CURTIS

Visita o Grupo Rodiñas e aposta por seguir acompañando e impulsando á industria que traballa cos recursos naturais da comunidade
20 jun 2025 . Actualizado á 17:52 h.A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, subliñou este venres que Galicia é un referente en elementos estruturais mixtos de formigón e madeira e enxalzou o «gran futuro do Grupo Rodiñas pola súa diversificación e internacionalización para apoiar a axilidade na construción que é un elemento clave no desenvolvemento das estruturas da industria».
Lorenzana, acompañada pola delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, visitou a planta que Rodiñas ten en Curtis onde insistiu en que «para nós é fundamental continuar acompañando e impulsando a industria que traballa cos recursos naturais de Galicia», dixo. Segundo explicou, esta empresa está xa traballando en toda España e aquí en Galicia, «por exemplo no Centro de Protonterapia de Galicia ou na nova planta de Estrella Galicia que inauguramos onte mesmo», apostilou.
Nesta liña, apuntou que a madeira está presente como industria e como sector «o 95% dos concellos de Galicia e que actualmente a cadea forestal-madeira supón o 12% do emprego industrial da nosa comunidade».
«Temos que seguir traballando no obxectivo da Xunta de que o 20 % das edificacións da Administración pública galega se fagan en madeira e para iso está vixente unha liña de axudas de 5 millóns de euros», apostilou.
Tras abordar a importancia da innovación, recordóel convenio asinado entre o Goberno galego e a Plataforma da Madeira Estrutural da USC por importe de 350.000 euros «para continuar traballando nos estudos de investigación e tamén no fomento do uso da madeira en construción», dixo.