
Cuestiona que non contrastase a acusación contra o seu presidente e afirma que hai acordo entre as dúas entidades veciñais
15 may 2025 . Actualizado á 18:07 h.A Agrupación Veciñal Orro Novo, Orro Vello, de Culleredo, cualifica de «falsas e indignas» as acusacións realizadas polo edil do BNG Xabier Villarenaga, nas que acusou de actitude machista ao presidente desta entidade, e esixe tanto a rectificación como a súa dimisión. Cren que as súas palabras son do reflexo do «rancor» tras destapar o que tacha de «irregularidades» como presidente da Asociación Cultural e Veciñal de Orro. Desde a agrupación veciñal, presidida por Jaime Parcero, afirman que cando Villarrenaga presidiu a asociación veciñal fixo un uso privativo das instalacións do centro social, un feito que nega o concelleiro, que asegura que o relatado por Orro Novo, Orro Vello non axústase coa realidade. Neste sentido, o edil nacionalista considera que se lle ataca por apoiar a unhas veciñas e asegura continuar implicado co tecido asociativo do municipio. «Todo é mentira e podo demostralo», asegura Villarenaga.
Desde Orro Novo, Orro Vello cuestionan que o que foi unha conversación sobre o uso do local elevásese a un incidente machista e critican que o concelleiro nacionalista non contrastase con eles o que sucedeu.
«Queremos suliñar o acordo acadado fai 15 dias entre as dúas asociacións que ten a parrquia de Orro e que fan uso do local do centro social, a Agrupación Veciñal Orro Novo, Orro Vello e a Asociación Cultural e Veciñal de Orro, para facer un uso conxunto do local. O cal pon de manifesto o entendemento e as boas relacions existentes entre a duas asociacions», remarcan desde a agrupación, ao mesmo tempo que indican que analizarán se emprenden accións legais pola vulneración do dereito a honra.