
A instalación abre este mes, tras unha obras para mellorar o seu funcionamento
03 jun 2025 . Actualizado á 12:25 h.A piscina municipal de Abegondo, situada en San Marcos fronte ao novo centro de saúde, abrirá este verán tras as melloras realizadas para optimizar as súas instalacións,
O alcalde, José Antonio Santiso Miramontes, indicou este martes en Voces da Coruña, de Radio Voz, que o recinto deportivo, que comezará a funcionar este mes, foi reparado. «Tiñamos un problema endémico coa piscina porque tiña unhas perdas enormes de auga, fundamentalmente cando se volvía a encher e un mal funcionamientou en cando ao sistema do motor», explicou e apuntou que foi reparada tras lograr unha subvención da Administración autonómica de 32.984 euros, que foi completada con 14.000 euros das contas municipais. «Evitamos que haxa perdas de auga despois de que varios anos, non sei por que estraña razón non había técnicos que nos dixesen como se solucionaba o problema, pero contactei cunha empresa especializada e resolveuse a situación», recalcou o rexedor, que asegura que numerosos consultores indicáranlles que descartaban que tivese reparación.
Os traballos consistiron na rehabilitación integral dos dous vasos que conforman a instalación. Cos traballos, instálase unha membrana armada de dúas capas de alta calidade de PVC, reforzada cunha malla de poliéster tecida. A accesibilidade é outro dos aspectos que se incrementará. A piscina contará con escaleiras de acceso pola zona máis profunda para facilitar a entrada.