Castelao volve á Coruña baixo a choiva

Carlos Portolés
C. Portolés A CORUÑA/ LA VOZ

A CORUÑA

Exposición «Castalao na Coruña», en la plaza de Lugo.
Exposición «Castalao na Coruña», na praza de Lugo. Eduardo Pérez

Unha exposición en praza de Lugo repasa a súa relación coa cidade

13 nov 2025 . Actualizado á 20:24 h.

Non había forma máis galega de abrir a exposición «Castelao na Coruña». Baixo a choiva de novembro e co cheiro a castañas asadas correndo arriba e abaixo pola praza de Lugo.

A mostra da Fundación Castelao, que se inaugurou este xoves pola tarde e percorre a relación entre o pai do nacionalismo e a cidade, consta de varios paneis explicativos nos que se inclúen documentos históricos, ilustracións e textos explicativos. Entre as pezas distinguíase unha antiga portada de La Voz de Galicia, correspondente ao 5 de marzo de 1936, na que se anunciaba a morte do ilustre escritor e polítco Antón Vilar Ponte, figura clave das letras de e da causa galeguista.

Tamén xogan un rol central as expresións xurdidas no caldo do debate autonomista. O propio Castelao prestou os seus dotes para o debuxo co deseño dalgúns dos princiapales carteis de propaganda en favor do estatuto —como o xa icónico «para que remate esta vergonza, vota o estatuto»—, que finalmente se aprobaría mediante plebiscito o 28 de xuño de 1936.

Non é soamente o político o que centra a alma da proposta. Castaleo ten un moito —un moitísimo— de intimidade lírica que tamén ten reflexo nos paneis. Por exemplo, con algunhas das súas creacións de motivo relixioso ou fotografías dos seus venerados cruceiros.

A exposición, que estará dispoñible ao aire libre ata o 1 de decembro, está enmarcada dentro das actividades promovidas por autoridades e entidades civís para celebrar o Ano Castelao. Foron tres decenios de estreita relación entre o pensador e artista e unha poboación incipiente que era un dos grandes epicentros galegos da revolución cultural. Desde o Castelao tuno e estudante ata o gran Castelao que nos queda hoxe.