Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

Xogos, música e deporte pola inclusión no Día do Dano Cerebral

La Voz A CORUÑA / LA VOZ

A CORUÑA

El presidente de Adaceco leyó el manifiesto
O presidente de Adaceco leu o manifesto GONZALO BARRAL

Juan Luis Delgado, presidente de Adaceco, foi o encargado de ler un manifesto titulado 30 anos construíndo dignidade

26 oct 2025 . Actualizado á 15:57 h.

María Pita converteuse este domingo no epicentro da celebración do Día Nacional de Dano Cerebral. Desde as 10.30 horas o espazo encheuse de deporte, música e inclusión da man das actividades organizadas por Adaceco.

Os pequenos puideron gozar de deportes adaptados como tenis, esgrima e conducir tamén vehículos inclusivos facilitados por ENKI. Así mesmo, houbo un espazo destinado á astronomía.

Ás 12.00 horas, Juan Luis Delgado, presidente de Adaceco, foi o encargado de ler un manifesto titulado 30 anos construíndo dignidade, no que subliñou a importancia de seguir traballando pola inclusión. O texto conmemorou os tres decenios de fundación da entidade e instou as administracións a garantir respostas coordinadas, equitativas e universais fronte ao dano cerebral. No acto tamén participaron a alcaldesa, Inés Rey, e Belén do Campo, delegada da Xunta na Coruña.

Rey fixo un chamamento á responsabilidade compartida «principalmente a doutras administracións como a Xunta que pode e debe comprometerse con vos para poder sacar adiante o novo centro que precisades os pacientes e que necesita a cidade». «Desde o Concello da Coruña, reafirmamos o noso compromiso para seguir colaborando activamente con Adaceco, como fixemos coa cesión da parcela en Eirís para garantir que ningunha persoa con Dano Cerebral quede atrás»», apuntou Inés Rey.

A delegada da Xunta apuntou que o goberno galego «mantén un firme compromiso coas persoas con dano cerebral adquirido, impulsando recursos específicos de atención, programas de rehabilitación e medidas de apoio que favorecen a súa autonomía persoal e a súa plena participación na comunidade».

A nota musical puxérona as actuacións da Asociación Cultural Donaire e Son d'aquí.. Así mesmo, para conmemorar a xornada a fonte de Catro Camiños, o castelo de Santa Cruz, o paraugas de Cambre e a torre Cela de Culleredo luciron unha iluminación especial.