Protesta en Oleiros pola falta de profesores no CEIP Valle-Inclán de Perillo
A CORUÑA
A marcha fúnebre partiu do parque Nelson Mandela ata a glorieta do Sol e Marr
27 oct 2025 . Actualizado á 19:37 h.A ANPA do colexio Valle-Inclán de Perillo convocou este domingo unha marcha fúnebre, apoiada polo Concello de Oleiros, para denunciar que en «faltan mestres». Vestidos de negro e os nenos con temática de Samaín, os asistentes saíron do parque Nelson Mandela para acabase a protesta cunha sentada na glorieta do Sol e mar, cortando o tráfico da N-6. Denunciaron que este curso hai menos medios, o que «poñendo en risco unha educación inclusiva de calidade, perdendo días lectivos, afectando á atención á diversidade, ao reforzo nas aulas e a proxectos didácticos».
As familias do alumnado de terceiro de primaria do CEIP Valle-Inclán de Oleiros reclamaron xa antes de inicios de curso á Consellería de Educación que reconsiderase a súa intención de reducir a dúas aulas o próximo curso e pediron tamén que se incrementase o profesorado para poder atender a súa demanda. O curso anterior impartíase en tres. Aseguran que esa decisión provoca que cada unha teña 27 alumnos, cifra que se podería ver incrementada de haber estudantes con necesidades de apoio educativo.