Os exemplos de transformación de Santander e Singapura, centro dunhas xornadas sobre os peiraos da Coruña
A CORUÑA
Alfonso Vegara e Francisco Javier Álvarez foron os protagonistas da segunda cita organizada pola Fundación Juana de Vega
13 sep 2025 . Actualizado á 11:08 h.A Fundación Juana de Vega acolleu onte a segundo das xornadas de Paisaxes litorais consilientes coas que se aborda o proceso de transformación da fachada marítima coruñés. Os relatores invitados para falar sobre novos usos e oportunidades económicas, sociais e culturais foron Alfonso Vegara, presidente da Fundación Metrópole, e Francisco Javier Álvarez, xefe do Servizo Xurídico da Autoridade Portuaria de Santander.
O primeiro deles analizou como os portos poden converterse en catalizadores de transformación urbana integrándose en proxectos de cidade. Compartiu a experiencia de Singapura, onde o porto máis eficiente do mundo dará lugar a un gran distrito financeiro. «Os portos da Coruña e Ferrol ofrecen unha oportunidade estratéxica dentro do sistema de cidades galegas», dixo. Propuxo reforzar o carácter urbano do porto da Coruña inspirándose en casos de éxito como Bilbao ou Málaga, ademais de «inspirarse na riqueza ambiental dos territorios.
Francisco Javier Álvarez centrou a súa intervención no papel das cidades portuarias como ecosistemas de creatividade, analizando o legado cultural dos portos, destacando o seu impacto na creación artística e científica e reflexionando sobre a súa influencia na configuración das cidades.