Ralphie Choo enfeitiza a Santa Margarita, na Coruña

Antón L. Eiroa / M. C. A CORUÑA / LA VOZ

A CORUÑA

A.L.E.

O polifacético artista demostrou por que colgou o cartel de entradas esgotadas

22 ago 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Ralphie Choo chegou como un dos cabezas de cartel da edición deste ano do Beatout e quedou co público de Santa Margarita. Nunha actuación de máis de preto de unha hora e media pechou a segunda xornada de celebración do festiva coruñés.

A pesar de que xa pasaron case dous anos do seu último lanzamento, Supernova, o álbum que o colocou como un dos artistas referentes no panorama nacional, Ralphie segue estando máis que vixente. Nestes últimos anos seguiu vinculado á música a través de diferentes colaboracións con Rusowsky, Rosalía ou Pablopablo.

Para Carlota Figueira, que se desprazou desde Rianxo, era a primeira vez que o vía. «Teño moitas ganas deste concerto, é un artista moi especial que me emociona moito», comentaba. Pola súa banda, Adrián Pérez celebrou a posibidad de velo. «Está xenial ter artistas así na cidade», apuntou.

O cantante madrileño, que debe o seu nome artístico a Ralphie Wigumm, dOs Simpson, deixou que o seu acompañamento musical abrise o concerto: cordas, piano, vento e percusión para xerar expectación entre o público. «Que pasa, Coruña?», saíu berrando coa primeira camiseta do Deportivo desta tempada. «Hoxe púxenme o uniforme», aclarou antes de cantar Máquina cuoa

Despois, o repertorio foi repasando o seu álbum, do son máis experimental de NHL aos ritmos rumberos de Bico bruma. Dedicou a sentimental Total90nostalgia a alguén que estaba en primeira fila. Con ningúns dos seus últimos éxitos como Bby Romeo ou Omega, a súa colaboración con Rosalía, provocou unha onda de móbiles no público. Se alguén non se estaba a pasalo ben, cos acordes de Gata seguro que o fixo.

Por desgraza, o espectáculo tivo un corte de son case ao final. Moitos dos asistentes pensaron que era o final e marcharon, pero aínda quedaban algunhas de despedida.

Un concerto, que do mesmo xeito que o artista, foi en grao sumo variado: pogos, momentos emotivos, kiss cam ou revelación de cancións que aínda non saíron. Incluso galeguizou o retrouso do seu hit para transformalo en «Se vou con todo». Ralphie cegou cunha posta en escena única.