
O acto de homenaxe levou a cabo nos Xardíns de Méndez Núñez e contou coa presenza do concelleiro Gonzalo Castro ou José Manuel Mato, alcalde de Ponteceso
16 ago 2025 . Actualizado á 15:01 h.Xunto ás estatuas de Emilia Pardo Bazán, Ramón María del Valle-Inclán ou Curros Enríquez, hai cen anos que se erixe nos Xardíns de Méndez Núñez un busto conmemorativo á vida e obra do escritor de Ponteceso, Eduardo Pondal.
Para celebrar o século da primeira escultura da cidade erixida en honra a un autor galego, levou a cabo un acto en homenaxe á construción e á figura do histórico autor do Rexurdimento, que tamén é considerado fillo adoptivo da cidade herculina.
O evento contou coa participación de José Manuel Mato Martínez, alcalde de Ponteceso; Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura ou a asociación de música tradicional Donaire, entre outros.
Castro destacou o aínda vixente pensamento pondaliano e o seu vínculo coa cidade: «Este busto lembra o máis coruñés, o máis atlántico dos pais do noso país». Ademais anunciou que desde o Concello se impulsará unha homenaxe nacional ao dramaturgo coruñés, recentemente falecido, Manel Lourenzo, como recoñecemento ao seu legado.
O acto pechou coa realización dunha ofrenda floral acompañada do grupo de gaitas da asociación cultural, que interpretaron o himno de Galicia, acompañados dos presentes.