La Voz de Galicia
Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

A Garda Civil recupera xoias valoradas en 3.000 euros e detén ao presunto autor do furto en Culleredo

La Voz

A CORUÑA

Os feitos desencadeáronse durante unha inspección nun local de compravenda de ouro. Un contrato de 1.103 euros chamou a atención dos axentes

24 may 2025 . Actualizado á 11:29 h.

A Garda Civil de Culleredo, en colaboración co Posto Principal de Carballiño e o Posto de Tamallancos, logrou recuperar xoias valoradas en aproximadamente 3.000 euros e deter ao presunto autor do furto, tras unha inspección rutineira nun establecemento de compravenda de ouro na localidade de Culleredo.

Os feitos desencadeáronse durante unha inspección nun local de compravenda de ouro. Un contrato de 1.103 euros chamou a atención dos axentes da Área de Investigación do Posto Principal de Culleredo. Tras verificar a identidade do vendedor, veciño de Culleredo, comprobouse que xa fora identificado previamente por unha patrulla de seguridade cidadá do Posto Principal de Carballiño (Ourense), a raíz da preocupación dunha muller que temía o furto de diñeiro no seu domicilio.

Ante a sospeita de que as xoias vendidas puidesen ser subtraídas do devandito domicilio en Amoeiro (Ourense), a Garda Civil de Culleredo contou tefónicamente coa propietaria. Tras realizar as comprobacións pertinentes, a muller confirmou a subtracción de varias pezas de xoiería por un valor aproximado de 3.000 euros, presentando a correspondente denuncia no Posto da Garda Civil de Tamallancos (Ourense).

A descrición das xoias proporcionada pola denunciante coincidía plenamente coas vendidas no establecemento. Inmediatamente, os axentes solicitaron ao comercio que puxese á súa disposición as xoias para realizar unha reportaxe fotográfica e mostrarllas á denunciante. Unha vez que a propietaria recoñeceu sen dubidalo as xoias, a Garda Civil procedeu á localización e detención do presunto autor do furto. As xoias foron devoltas á súa lexítima propietaria.