Sobrado, escenario da curtametraxe «Buscándote»

La Voz SOBRADO / LA VOZ

A CORUÑA

atr

Paralelamente realizaron un curso de cine no que participaron Alejandra Grepi, Uxía Blanco, José Aguilar e Pepe Coira, entre outros

26 jul 2023 . Actualizado á 18:56 h.

O municipio de Sobrado foi o estudio dunha curtametraxe que dará a volta ao mundo a través de distintos festivais cinematográficos. Trátase de Buscándote, que tamén serviu como taller de cine. A iniciativa estivo dirixida pola guionista, Anna Utrecht, e o director, Octavio Lasheras, do produtora Abano Vision Media. O curso tamén contou coa presenza de especialistas de renome como Alejandra Grepi, Uxía Blanco e José Aguilar, que participaron impartindo clases maxistrais, e que tamén aparecen en diferentes secuencias da gravación. Tamén acudiu Pepe Coira, un dos creadores de series como Rapa ou Hierro. Os alumnos asistentes, ademais de aprender a fondo os dotes de interpretación, puideron coñecer diferentes técnicas de rodaxe, son, cámara e edición de vídeo